viernes, 27 de noviembre de 2009

[url=http://www.glitter-graphics.com][img]http://dl5.glitter-graphics.net/pub/438/438105lduz3x4zub.gif[/img][/url]

jueves, 26 de noviembre de 2009

lunes, 26 de octubre de 2009

E.Infantil




1º Ciclo de Primaria


2º Ciclo de Primaria























3º Ciclo de Primaria






















miércoles, 14 de octubre de 2009

martes, 6 de octubre de 2009

Decálogo


DECÁLOGO DOS DEREITOS DOS NENOS A ESCOITAR CONTOS
Asociación Colombiana do Libro Infantil
A Asociación Colombiana do Libro Infantil redactou o Decálogo de dereitos dos nenos a
escoitar contos, que segue:
1. Todo neno* sen distinción de raza, idioma ou relixión, ten dereito a escoitar os máis
fermosos contos da tradición oral dos pobos, especialmente aqueles que estimulen a
súa imaxinación e a súa capacidade crítica.
2. Todo neno ten dereito a esixir que seus pais lle conten contos a calquera hora do día.
Aqueles pais que sexan sorprendidos negándose a contar un conto a un neno, non só
incorren nun grave delito de omisión culpable, senón que se están autocondenando a
que seus fillos endexamais lles volvan pedir outro conto.
3. Todo neno que por algunha razón non teña a ninguén que lle conte contos, ten absoluto
dereito a pedirlle ao adulto da súa preferencia que llos conte, sempre que este amose
que o fai con amor e tenrura, que é como se contan os contos.
4. Todo neno ten dereito a escoitar contos no colo dos seus avós. Aqueles que teñan
vivos a seus catro avós poderán cederllos a outros nenos que por diversas razóns non
teñan avós que llelos conten. Do mesmo xeito, aqueles avós que carezan de netos
están en perfecta liberdade de acudir a escolas, parques e outros lugares de
concentración infantil, onde poderán contar cantos contos queiran.
5. Todo neno está no dereito de saber quen son os principais autores de contos. As
persoas adultas teñen a obriga de poñer ó alcance dos nenos todos os libros, contos e
poemas deses autores.
6. Todo neno goza en plenitude de dereito de coñecer as fábulas lendas e mitos da
tradición oral do seu país.
7. O neno tamén ten dereito a inventar e contar os seus propios contos, así como a
modificar os xa existentes, creando a súa propia versión.
8. O neno ten dereito a esixir contos novos. Os adultos están na obriga de nutrirse
permanentemente de novos e imaxinativos relatos, propios ou alleos, con reis ou sen
eles, longos ou curtos. O único obrigatorio é que os contos sexan realmente fermosos.
9. O neno sempre ten dereito a pedir outro conto e a pedir que lle conten un milleiro de
veces o mesmo conto.
10. Todo neno, por último, ten dereito a medrar acompañado das aventuras dos Tres
Porquiños, dos Tres Osos, daquel cabalo que era tan bonito.... e do inmortal “había
unha vez”, fórmula máxica que abre as portas da imaxinación na ruta cara os soños
máis fermosos da nenez.
N.T.: *Emprégase o xenérico
masculino, respectando o orixinal,
mais entenderase sempre nena e
neno, ou neno e nena

viernes, 12 de junio de 2009

miércoles, 29 de abril de 2009

domingo, 1 de febrero de 2009

sábado, 31 de enero de 2009

viernes, 16 de enero de 2009

domingo, 11 de enero de 2009